As colleitas en familia unha forma de ocio familiar nova

Raquel e a súa familia, estiveron onte collendo amorodos na leira. Foi unha tarde de sol, de risas e de colleita. O neno mostrábase moi asombrado e ledo pola experiencia, moi activo e participativo, disfrutando e aprendendo no entorno natural. A pequeniña durmía no regazo da súa nai… Foi unha tarde distinta, unha aventura nova para compartir en familia e ademáis leváronse para a merenda, uns ricos amorodos Fresaster.

Moitas grazas a Raquel e a súa familia por vir a vivir e compartir con nós, unha tarde de ledicia.

flordeamorodo.jpg

Ensalada con vinagreta de amorodos

Pois si! non todo van ser receitas doces…  Os amorodos poden ser engadidos a moitos pratos, enriquecéndolos co seu sabor e cualidades beneficiosas e senon botade unha ollada aquí. Ensalada de amorodos? Claro!

 

 

DSC_2529

A verdade é que unha ensalada de amorodos é algo moi sabroso, refrescante e saudabel. Xa sabedes todos  cos amorodos son unha fonte de saúde inagotabel. Ademáis de ter moi poucas calorías e un alto contenido en fibra, que as fan moi indicadas para dietas de pérdida de peso, pois regulan os procesos dixestivos e reducen a sensación de fame, poseen unha grande concentración de fenoles e manganeso, que lles confiren un grande poder antioxidante e antinflamatorio. Tamén presentan grandes cantidades de vitamina C, as do grupo B,  K, niacina, biotina,  riboflavina,  ácido pantoténico,  eláxico,  fólico e potasio. Esta composición as converten na pócima máxica para a saúde e xuventude dos nosos ósos, pel e  pelo, ademáis de reforzar o noso sistema inmunolóxico.

Así, qué mellor que introducilas na nosa dieta dun xeito cotiá e non só coma un postre? Probádeos nas vosas ensaladas sin máis, veredes coma o sabor dos amorodos poténcianse cun sinxelo aliño de limón ou vinagreta. Pero si queredes algo máis especial probade cunha vinagreta de amorodos

A miña versión da receita é a seguinte:

COMPOÑENTES:

  • Leitugas variadas.
  • Tomate (opcional)
  • Queixo de cabra
  • Amorodos Fresaster, por suposto.
  • Vinagre de Módena.
  • Aceite de oliva
  • Marmelada de amorodos.

 

 

DSC_2528

ELABORACIÓN:

Dispoñer nunha fonte dun xeito atractivo as leitugas, tomates, o queixo e os amorodos. Nunha cunca misturar dúas partes de aceite, unha de vinagre de Módena e unha de marmelada. Unha vez que esté ben disolto botarllo a ensalada e… bon proveito!

Torta de queixo con amorodos

Torta de queixo con amorodos

Torta de queixo con amorodos

Amosa que por fin chegaron por estas terras as fermosas tardes primaverais, e por iso, e moi bó plan unha merenda no campo cunha rica torta de queixo con amorodos,  inspirada nesta receita. Ten boa pinta, non si? Pois ainda que leva un pouco de tempo, hai que facela de víspera, a súa elaboración é moi sinxela. Alá imos ca receita.

COMPOÑENTES:

(Para a base)

  • 1 paquete de galletas de avena.
  • 75 g. de manteiga
  • 1 vaina de vainilla
  • opcional: froitos secos e unhas “Oreo”

 

(para a crema)

  • 6 ovos e dúas iemas
  • 600 g. de queixo de untar
  • 500 g. de nata
  • 3 culleres de fariña
  • 200 g. de azucre.
  • 1 iogur tipo grego.
  • 120 g. de marmelada de amorodos
  • e… amorodos “Fresaster”, para decorar.

 

DSC_2466

Primeiro, faremos a base. Temos que triturar as galletas e mezclalas ca manteiga, a vainilla e os froitos e oreos, se é o caso. Ten que quedar unha base manexabel e con ela forramos un molde para pastéis desmontábel, apretando moito. Metémola no forno a 180º uns 10 minutos. Deixámola arrefriar.

Mentras, preparamos a crema, batendo os ovos co azucre, engadimos o queixo, a nata , o iogurt e a fariña ate que non quede ningún grumo. Cando esté, botámolo sobre a base e metémola no forno outros 10 minutos, pero esta vez a 200º. Despóis deste tempo baixamos o forno a 180º e deixámola 1 hora. Cando remate o tempo, dexámola arrefriar dentro do forno ca porta entreaberta.

Para finalizar meterémola na neveira ate o día seguinte.

Para presentala podedes cubrila con mermeladas de distintos sabores: frambuesas, arándanos, moreiras, e, como non, amorodos. Eu xa tiña a mermelada feita e só a mezcléi  con auga, ate facela máis líquida e cubrín a torta con ela e os amorodos. A torta debe servirse moi fría.

DSC_2474

Qué vos parece? Apetécevos un anaquiño?. Animádevos e facela, xa nos contaredes…

O agro galego móvese!

Algo está pasando en Galiza. Novas ideas, novos proxectos indican que o agro galego móvese!. As respostas a crise témolas perto de nós, non hai que mirar lonxe, nin marchar a buscalas, só temos que deternos e mirar o noso con outros ollos, con orgullo, innovación e ilusión, recoñecendo o enorme potencial que ten este país, e esta rica e produtiva terra.

IMG-20140427-WA0003

 

  Proba delo disto, na última edición dos Parladoiros do Mercado da Cosecha, que se celebraron no Teatro Rosalía de Castro o 23 de Abril , que recolleron unha pequena mostra do que está a pasar no rural galego. Quén iba a crer fai uns anos que un Teatro sería un espazo onde falar e compartir experiencias no agro? Pois si amigos,  cun aforo case completo, 8 persoas, 8 iniciativas innovadoras, que coinciden co uso de materias primas autóctonas e de calidade, sentíronse  enriba dun escenario.. Cun formato e posta en escea novedosa, utilizando o monólogo coma recurso comunicativo, de xeito case teatral, ante case 300 persoas, os oito emprendedor@s  falaron das súas experiencias “para ter éxito sen ter que marchar fora” e diferenciarse e distinguirse creando a marca “made in galiza”.

Pazo de Vilane, Cortes de Muar, Leira dos Corvos, Castañas Naiciña, Cooperativa Ullama, Galletas Mariñeiras Daveiga , os viños de Domenique Roujou e a cesteira Idoia Cuesta, son só algúns exemplos de xente emprendedora que ve no retorno ó rural unha nova forma de emprender e facer as cousas, cun talante máis innovador, sostible, ecolóxico e natural.

Cada día xurde unha nova idea en torno o agro. Marcas coma “A granxa de Xanceda”, “Amorodos”, e outras máis pequenas coma “As camposeiras”, “Hifas da terra”, ” la casa de la aldea” …por citar algunhas, son mostra dunha aposta polo noso, pola terra.

Por que nós tamén creemos nisto,  aplaudimos e damos parabéns a todas estas novas iniciativas.

Xa temos amorodos!. Comezóu a tempada!

Si amigos, xa temos amorodos!. Xa comezóu a tempada para degustar os novos amorodos do ano!.

Cambre-20130506-00160

O campo está repleto de amorodos que salpican de bermello e carmín todo o verde. Máis non só é  a cor, o mellor está no olor e sabor… Xa sabes… non levan nada!

Leva a túa mesa o mellor da horta ecolóxica galega! Pois, agora si, estes amorodos son galegos. Toda a producción é autóctona.

IMG-20140425-WA0001

É tamén queremos comentarvos que aumentamos a horta con allos, leitugas e frambuesas. Todo, claro está, en ecolóxico. Agora é o momento de encher a túa neveira e mesa con productos sas e naturáis. Para saber o que comemos e disfrutar coidándonos

Podedes facer os vosos pedidos no blog e nos teléfonos 981676065 e 655334792 e moi gustosos, farémolos chegar, pero se queres pasar unha xornada distinta e amena, facer exercicio e disfrutar da natureza só,  en familia ou en grupo, non dubides en achegarte ate aquí para collelos tí mesmo. É unha grande experiencia, xa verás!

IMG-20140425-WA0002