O agro galego móvese!

Algo está pasando en Galiza. Novas ideas, novos proxectos indican que o agro galego móvese!. As respostas a crise témolas perto de nós, non hai que mirar lonxe, nin marchar a buscalas, só temos que deternos e mirar o noso con outros ollos, con orgullo, innovación e ilusión, recoñecendo o enorme potencial que ten este país, e esta rica e produtiva terra.

IMG-20140427-WA0003

 

  Proba delo disto, na última edición dos Parladoiros do Mercado da Cosecha, que se celebraron no Teatro Rosalía de Castro o 23 de Abril , que recolleron unha pequena mostra do que está a pasar no rural galego. Quén iba a crer fai uns anos que un Teatro sería un espazo onde falar e compartir experiencias no agro? Pois si amigos,  cun aforo case completo, 8 persoas, 8 iniciativas innovadoras, que coinciden co uso de materias primas autóctonas e de calidade, sentíronse  enriba dun escenario.. Cun formato e posta en escea novedosa, utilizando o monólogo coma recurso comunicativo, de xeito case teatral, ante case 300 persoas, os oito emprendedor@s  falaron das súas experiencias “para ter éxito sen ter que marchar fora” e diferenciarse e distinguirse creando a marca “made in galiza”.

Pazo de Vilane, Cortes de Muar, Leira dos Corvos, Castañas Naiciña, Cooperativa Ullama, Galletas Mariñeiras Daveiga , os viños de Domenique Roujou e a cesteira Idoia Cuesta, son só algúns exemplos de xente emprendedora que ve no retorno ó rural unha nova forma de emprender e facer as cousas, cun talante máis innovador, sostible, ecolóxico e natural.

Cada día xurde unha nova idea en torno o agro. Marcas coma “A granxa de Xanceda”, “Amorodos”, e outras máis pequenas coma “As camposeiras”, “Hifas da terra”, ” la casa de la aldea” …por citar algunhas, son mostra dunha aposta polo noso, pola terra.

Por que nós tamén creemos nisto,  aplaudimos e damos parabéns a todas estas novas iniciativas.

2 comentarios en “O agro galego móvese!

Deixar un comentario