As colleitas en familia unha forma de ocio familiar nova

Raquel e a súa familia, estiveron onte collendo amorodos na leira. Foi unha tarde de sol, de risas e de colleita. O neno mostrábase moi asombrado e ledo pola experiencia, moi activo e participativo, disfrutando e aprendendo no entorno natural. A pequeniña durmía no regazo da súa nai… Foi unha tarde distinta, unha aventura nova para compartir en familia e ademáis leváronse para a merenda, uns ricos amorodos Fresaster.

Moitas grazas a Raquel e a súa familia por vir a vivir e compartir con nós, unha tarde de ledicia.

flordeamorodo.jpg

Deixar un comentario