Torta de queixo con amorodos

Torta de queixo con amorodos

Torta de queixo con amorodos

Amosa que por fin chegaron por estas terras as fermosas tardes primaverais, e por iso, e moi bó plan unha merenda no campo cunha rica torta de queixo con amorodos,  inspirada nesta receita. Ten boa pinta, non si? Pois ainda que leva un pouco de tempo, hai que facela de víspera, a súa elaboración é moi sinxela. Alá imos ca receita.

COMPOÑENTES:

(Para a base)

  • 1 paquete de galletas de avena.
  • 75 g. de manteiga
  • 1 vaina de vainilla
  • opcional: froitos secos e unhas “Oreo”

 

(para a crema)

  • 6 ovos e dúas iemas
  • 600 g. de queixo de untar
  • 500 g. de nata
  • 3 culleres de fariña
  • 200 g. de azucre.
  • 1 iogur tipo grego.
  • 120 g. de marmelada de amorodos
  • e… amorodos “Fresaster”, para decorar.

 

DSC_2466

Primeiro, faremos a base. Temos que triturar as galletas e mezclalas ca manteiga, a vainilla e os froitos e oreos, se é o caso. Ten que quedar unha base manexabel e con ela forramos un molde para pastéis desmontábel, apretando moito. Metémola no forno a 180º uns 10 minutos. Deixámola arrefriar.

Mentras, preparamos a crema, batendo os ovos co azucre, engadimos o queixo, a nata , o iogurt e a fariña ate que non quede ningún grumo. Cando esté, botámolo sobre a base e metémola no forno outros 10 minutos, pero esta vez a 200º. Despóis deste tempo baixamos o forno a 180º e deixámola 1 hora. Cando remate o tempo, dexámola arrefriar dentro do forno ca porta entreaberta.

Para finalizar meterémola na neveira ate o día seguinte.

Para presentala podedes cubrila con mermeladas de distintos sabores: frambuesas, arándanos, moreiras, e, como non, amorodos. Eu xa tiña a mermelada feita e só a mezcléi  con auga, ate facela máis líquida e cubrín a torta con ela e os amorodos. A torta debe servirse moi fría.

DSC_2474

Qué vos parece? Apetécevos un anaquiño?. Animádevos e facela, xa nos contaredes…

2 comentarios en “Torta de queixo con amorodos

Deixar un comentario